Historia da comparsa

A historia da comparsa comenza un día de verán, na praia, cando un grupo de amigos decidimos que había que facer algo para o Entroido e, así naceu Animodo, en 1999, no século pasado. Marcamos un fito histórico por ser a comparsa mais nova de Moaña, non pasabamos dos 20 anos de idade. Hoxe, estamos consolidados no Entroido moañés, despois de 13 anos de traballo e festa podemos seguir cantando o Entroido, sempre cun marcado carácter cómico-crítico, e contando as verdades que ocorren no pobo e no mundo.

Os disfraces que tivemos son:
- Monxes budistas (2000)
- Boney M (2001)
- Menstruación (2002)
- Burbullas de Freixenet (2003)
- Licenciados (2004)
- Margaritas (2005)
- Azafatas de voo (2006)
- Visóns escapados (2007)
- Freddy Mercury (2008)
- Cobradores do Frac (2009)
- Princesas (2010)
- Duendes irlandeses (2011)
- Azafatas de Rizzla (2012)
- Equipo olímpico de natación sincronizada (2013)

Sempre con ganas de facer festa e animar o Entroido en Domaio e en Moaña percorremos tamén o resto da Península (de O Morrazo claro) con actuacións internacionais en: Cangas, Marín, Vilaboa... gañando premios de prestixio como: 5º posto en Marín dous anos consecutivos, 3º en Vilaboa, Mellor disfraz en Moaña (2002), 1º premio do concurso de coplas de Vigo (2005), 1º premio do concurso de coplas de Vigo (2006), 2º premio no concurso de coplas de Chapela (2006), 1º premio do concurso de coplas de Vigo (2007), Mellor canción en Moaña (2007), 2º premio do concurso de coplas de Vigo (2008), 1º premio do concurso de coplas de Vigo (2009), 2º premio do concurso de coplas de Vigo (2010), 1º premio do concurso de coplas de Vigo (2011), Mellor canción en Moaña (2011), 1º premio do concurso de coplas de Vigo (2012), Mellor canción en Moaña (2013).

Animodo participou, e participará,nos mais prestixiosos certames de Entroido do mundo mundial:
- Festival de San Benito (Domaio Independent Republic Atrio)
- Festival de Abelendo (Abelendo´s theather)
- Festival de Quintela (Quintela´s Hall)
- Festival de Berducedo (Berducedo´s Opera Center)
- Festival do Latón (The Guide´s Anphitheather)
- Festival de O Con
- Festival de comparsas de Moaña (Scala palco of Moaña)
- Festival de Animodo (Domaio Independent Republic Porto)
- Enterro da xoubiña
- Enterro da sardiña
- Entroido de Cangas
- Festival de Vigo
- Festival de Chapela
- Festa do cocido de Lalín

Sempre que podemos e nos convidan, alternamos a parte lúdico-reivindicativa do Entroido coa parte social, e así temos tocado en residencias de anciáns, tocado para AFAMO (asociación de familiares de enfermos de Alzheimer de O Morrazo e para Moaña Solidaria organizando un festival benéfico de recollida de alimentos.

No ano 2007, constitúese a Asociación Cultural Animodo, da que forma parte esta comparsa. Xa temos CIF para as facturas.


Animodo exténdese por toda a xeografía española, e así, podemos decir que non sería raro atopar unha pegatina nosa en cidades como Xixón, Santander, Madrid, Alicante, Sevilla, Lisboa, Oviedo, Murcia... onde os compoñentes de Animodo sempre deixamos “pegada”. A pesar de que sempre tivemos ofertas de xiras internacionais como “A Scala de Milán”, “Teatro Real de Madrid”, “Bolchoi Ruso”, “Madison Square Garden”, “Pazo da Opera de Sidney”... por falta de tempo,(non podemos atender a todo) e considerando que a comparsa precisa dunhas condicións acústicas óptimas (so atopadas no adro de San Benito) , sempre as tivemos que declinar, se queren vernos en concerto, sempre poden vir a Domaio, ou por Moaña, aínda que non sexa o mesmo.


1 comentario: